Facía tempo que en Memoria Pixelada non falabamos nada destas adaptacións filmográficas tan “espectaculares” que interrompen a tranquilidade dos gamers a nivel mundial, mais esta mañá chegan, grazas a Hollywood Reporter (unha revista especializada no mundo do cine), o nome das persoas que farán realidade a versión cinematográfica de Shadow of the Colossuss.
Entre os guionistas atópase o director de Chronicle, Josh Trank e o co-guionista de Hanna, Seth Lochhead, mentres que producindo a cinta atópase Kevin Misher (Enemigos Públicos), supervisado por Andy Berman e Kevin Chang.
Eu non sei que pensar, e máis sabendo que o proxecto leva en pé (que non activo) uns catro anos. Incluso se rumoreaba que Justin Marks (guionista de Street Fighter) creara un primeiro borrador.
nos colla confesados ou polo menos con roupa interior limpa.
Eu boteille unhas partidas a este xogo e fíxoseme un pouco lineal. Cando cacei 3 ou 4 Colosos deixei de xogar. O que si que para unha película o asunto pode dar de si.