Se hai algo que resaltar sobre os VGA celebrados este ano foi a aparición dun vídeo sobre un hipotético xogo chamado “The Phantom Pain” e do cal non se sabía absolutamente nada.
O tráiler resulta espectacular e máis sabendo que se move cun hardware equivalente ás consolas actuais, pero a parte disto todo resulta enigmático, xa que Movy Dick Studio o único que fixo foi lanzar o tráiler e alonxáronse de calquera especificación.
Pois ben as especulacións comezaron a saír e o proxecto vincúlase directamente con Hideo Kojima, creador da famosa saga Metal Gear Solid.
Na web da compañía aparece que o seu fundador é un tal “Joakim Mogren” que se reorganizamos a primeira palabra temos a palabra Kojima e se reorganizamos a segunda aparece a palabra Ogre, do Project Ogre de Kojima.
Será un indicio de MGS 5? (todos sabemos o que lle gusta facer este tipo de cousas a Hideo Kojima), ou algo relacionado co Proxecto Ogre?
Polo de momento foi presentado como un novo videoxogo e recibirémolo como tal, e máis despois de ver o seu espectacular tráiler.