Epic Games será multiplataforma na próxima xeración

Por: Mércores, 21 de Novembro de 2012

Todos o sabemos, a cada día que pasa a actual xeración vaise indo e a próxima vaise cocendo máis e máis e as compañías xa están centrándose no que serán as novas máquinas de entretemento que nos acompañárán.

Unha das máis famosas é Epic Games, antigamente liderada por Cliffy B. o cal non dubido que foi unha das máis influintes e con maior repercusión na actual xeración, máis que nada pola súa excelente saga Gears of War a cal foi tomada como referenza en infinidade de videoxogos posteriores.

Pois ben, nunha conferencia actual acaban de mencionar que na próxima xeración Epic Games non se centrará nunha soa plataforma, incluso chegando á telefonía e a PC.

Segundo Epic Games a gran razón será que a próxima xeración disparará os gastos de produción, polo que obrigará adentrarse noutras plataformas para rentabilizalos.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario