Análise de Resident Evil 6

Por: Domingo, 4 de Novembro de 2012

Baila unha muiñeira ou disparo

Cando unha fórmula funciona hai que sabela manter, é certo, mais tamén hai que saberlle introducir os suficientes cambios como para que o xogador non sinta que está xogando ao mesmo cunha interface diferente.

Isto é exactamente o que lle aconteceu á sexta entrega de Resident Evil, unha saga que dende fai dous capítulos emprega unha xogabilidade moi diferente aos Residentes do Demo iniciais, unha xogabilidade que trouxo grandes alegrías na cuarta entrega e que se soubo manter na quinta, acción en terceira persoa en busca das situacións máis espectaculares.

Ben é certo que Resident Evil 6 intenta seguir calidade dos antecesores, pero sen considerar que sexa un xogo para o esquezo, segue unha liña de xogo demasiado sinxela e que non chega a sorprender.

HISTORIA

Como dixen, esta sexta entrega pretende seguir as pautas das dúas anteriores e non se dignan nin a cambiar o protagonista (se algo funciona para que cambialo), polo tanto controlamos a Leon, un modelo guapo que se ve nunha cidade chea de zombis, así deberá desenmarañar todas estas incógnitas. Quén atacou a cidade?, por qué?, cómo?, e para iso temos connosco a unha muller tamén de armas tomar que nos axudará en todo momento seguindo unha aventura paralela.

Así, desta volta deixamos os páramos africanos para meternos de cheo nunha cidade actual, mais tamén é certo que visitaremos outras pequenas zonas como cemiterios, covas subterráneas e algún que outro pequeno escenario que intenta romper coa continuidade.

DIVERSIÓN

Vamos comentar un pouco o verdadeiramente interesante, consegue divertir ao xogador?, pois ben, non podo dicir que esteamos ante un título malo, pero si ante un título que deixa de saber explotar esa xogabilidade e que moi poucas veces sorprende.

A isto temos que engadir que o primeiro capítulo do xogo non está á altura dos demais, sen emocións que cautiven ao xogador, sen escenas óptimas… despois parece que vai collendo forma, moldeándose e aparecendo o verdadeiro espectáculo, pero que non deixa de seguir unas pautas xa moi vistas, como o emprego dos famosos Quick Time Events para momentos de máximo perigo ou o acoso de seres deformes que se vencen seguindo unas directrices moi doadas.

E xustamente nestes seres recae o mellor do xogo, algún deles que nos perseguen continuamente serve de telón para amosarnos un flashback e así querer adornar un pouco a historia, pero queda compensada polas nulas sorpresas que nos atopamos.

Así xa sabedes o que vos ides atopar, a Leon en terceira persoa disparando sen parar a todo o que se move, que raro.

Outra das cousas que quero comentar nesta pequena análise é o sistema de navegación, un sistema que parece que está sen rematar. Se recordamos no Residen Evil 4 tiñamos unha maleta a que tiñamos que ir metendo obxectos de forma que collesen, senón tiñamos que ir sen el o que nos facían pensar aínda máis e aumentaban a diversión e emoción deste.

Nesta sexta entrega esquecémonos desto completamente, temos unha serie de “ranuras” que imos enchendo (sobraranvos porque o número de armas e obxectos a usar é moi limitado) sen ter en conta o tamaño da arma. Ademais as xa típicas plantas que nos ofrecen vida témolas que empregar dunha maneira demasiado estraña, asignámolas a un botón para despois empregalas directamente e por cada planta só nos aumenta un recadro de vida. Non o vexo.

Pois si, ten voestede caries

De todos xeitos si que existen un par de ocasións bastante espectaculares pero que non abondan para subir esta sexta entrega onde quería Capcom.

Un dos seus factores positivos é o cooperativo a pantalla partida cun compañeiro, porque sempre se agradece poder pasar toda a aventura xunto a outro xogador cooperando entre eles,collendo camiños diferentes, etc. Unha lástima que os puzles sexan inexistentes, polo menos de dificultade.

APARTADO TÉCNICO

Aquí entramos nun apartado moi irregular, porque ou é sensación miña ou nos primeiros pasos do xogo vese peor que a medida que avanzamos. Pero isto a un lado, o ambiente de escuridade non está ben conseguido e os edificios (que é o que máis vemos) parecen baleiros e pouco detallados, algo que non se lle pode increpar ás facianas dos protagonistas.

Pero a grandes rasgos o xogo non sorprende en absoluto e quédase por debaixo da quinta entrega, moi por debaixo.

Supoño que se debe ao pouco cariño con que se realizou esta sexta entrega, aínda que detalles como as texturas do lume, algúns inimigos están moi ben realizados non abonda, ademais para un título con ese poder de masas.

O apartado sonoro loce mellor, sobre todo cando chegamos a pequenos lugares solitarios no que escoitamos ruídos de todo tipo que pretende asustar ao xogador. A isto supoño que se refería Capcom cando dicía que era un xogo de medo, pero sentíndoo moito…non, Capcom, non nos queiras enganar.

DURACIÓN

Un total de cinco capítulos de unha hora e pouco cada un, varios niveis de dificultade e a posibilidade de atopar todas as insignias que están distribuídas polos escenarios, pero como dixen anteriormente o que máis vos fará xogalo de segunda é polo multixogador a pantalla partida, agora ben, se sodes dos que xogades unicamente sós, non creo que o pasades máis dunha vez, polo menos a curto prazo.

CONCLUSIÓN

Esta sexta entrega de Resident Evil 6 é o derradeiro paso e aviso para que a saga volva aos seus inicios. Deixouse claro que a terceira persoa tivo a súa oportunidade e en varias ocasións sóuboas aproveitar moi ben, mais agora ben sexa porque xa está saturado o xénero ou porque non se lle dedicou o tempo que se merece a esta última entrega, a saga Resident Evil busca un novo cambio, un cambio aos inicios.

Iso si, se o que buscades é un xogo de aventura de acción sen máis pretensións, Resident Evil 6 é o teu xogo, pero se aínda non xogaches aos dous anteriores, próbaos primeiro, porque son moi superiores a este en todo.

PUNTUACIÓN
  • GRÁFICOS:
    8.3
  • SON:
    8.5
  • XOGABILIDADE:
    8
  • DIVERSIÓN:
    7.1
  • DURACIÓN:
    6

  • FINAL:
    7.6
NOTAS DOS USUARIOS

Ningún usuario opinou aínda sobre este videoxogo.

Podes ser o primeiro en facelo.

  • 0
  • 0
  • 0
  • 0
  • 0

  • 0

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario