Diversas formas de matar en Hitman: Absolution

Por: Xoves, 4 de Outubro de 2012

Un dos grandes puntos fortes da saga Hitman foron as máis diversas formas de elexir como matar ás nosas víctimas e nesta última entrega non se van quedar atrás.

Como acontece habitualmente poderemos usar a acción pura e dura ou o sixilo, pero agora ampliamos estas posibilidades manipulando partes do escenario para preparar trampas na que o inimigo caia polo seu propio pé.

Un vídeo vale máis que mil palabras, así que observade algúns exemplos e ide preparando a vosa imaxinación.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario