Antes da saída de Rocksmith, Ubisoft quere asegurarse de que todo o mundo coñeza de que vai o seu próximo videoxogo musical, polo tanto, o seu director creativo fainos unha serie de explicacións falándonos das novidades principais de Rocksmith, do seu desenvolvemento, da súa dificultade progresiva…

Como amante dos Guitar Hero (sobre todo a terceira entrega) teño curiosidade de como se controlará unha guitarra de verdade nun videoxogo.

Teremos que esperar unhas semanas para probalo e comprobar a súa dificultade e diversión.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario