A compañía nipona Sony presentou no marco do Tokyo Game Show unha nova versión da súa actual videoconsola, a PlayStation 3.
Esta nova versión é un 25 por cento máis pequena e un 20 por cento máis lixeira que a actual PS3 Slim e se a comparamos coa primeira versión, estas cifras rondan o 50 por cento.
En Europa estará dispoñible en dous modelos: un con 12 GB Flash de almacenamento e outro cun disco duro de 500 GB de almacenamento. Mentres que no mercado nipón e americano, o modelo de 12 GB Flash contará cun disco duro de 250 GB de almacenamento.
As datas de saída e prezos segundo o mercado son:
Modelo de 500 GB:
Europa: 28 de setembro por 299 Euros.
América: 30 de outubro por 299 dólares.
Xapón: 4 de outubro por 29800 yens.
Modelo de 250 GB:
Europa: non dispoñible.
América: 25 de setembro por 249 dólares.
Xapón: 4 de outubro por 24900 yens.
Modelo de 12 GB Flash:
Europa: 12 de outubro por 229 Euros.
América: non dispoñible.
Xapón: non dispoñible.