A compañía nipona Nintendo ven de anunciar a data de saída da súa nova videoconsola Wii U tanto no mercado xaponés, como o americano e europeo. A primeiro mercado onde estará dispoñible será nos Estados Unidos, a partir do 18 de novembro. O 30 de novembro debutará en Europa, mentres que no país asiático estará dispoñible a partires do vindeiro 8 de decembro.
Haberá dispoñibles dúas versións da consola: a versión Basic en cor branca, cunha memoria interna de 8 GB e un GamePad e a versión Premium en cor negra, cunha memoria interna de 32 GB, unha barra de sensores e o aceso á Nintendo Network Premium, entre outras cousas.
O prezo nos Estados Unidos será de 299,99 $ na versión Basic e 349,99 $ na versión Premium. En canto ao prezo en Europa, non se fixo oficial, pero seguramente (como ven sendo habitual) rondarán as mesmas cifras en Euros.
Entre os títulos que anunciaron durante a Nintendo Direct destacan: Bayonetta 2 (exclusivo para a Wii U), Mass Effect 3: Special Edition, Darksiders II, Rayman Legends, FIFA 13, Call Of Duty: Black Ops II, New Super Mario Bros. U, Zombi U, entre outros.
Así que os máis fans de Nintendo aínda teredes que agardar mes e medio para probala na vosa casa.
Máis información na páxina oficial.
Bayonetta 2 exclusivo de Wii U?, doeume máis isto que se me deran un golpe na entreperna.
O do prezo en Europa é normal, aquí temos os impostos máis altos que en América e Xapón.