Dende a fundación Mozilla seguen a traballar nas novas tecnoloxías dos exploradores e a mellor maneira de poñer a proba a WebGL (Web Graphics Library) que tiveron foi compilar en JavaScript o motor gráfico Cube 2: Sauerbraten (escrito en C++ e OpenGL) mediante Emscripten. O resultado: BananaBread: un FPS (First Person Shooter) con gráficos 3D ao que podes xogar dende a última versión do seu explorador, Mozilla Firefox 15, sen necesidades de instalar plugins adicionais.
Por agora só é unha demo, pero da boa conta das posibilidades que ofrece WebGL e o futuro que pode aportar aos xogos no navegador.
Se queredes botarlle un ollo podedes probalo aquí.