Se facemos algo de memoria pixelada recordaremos que na terceira entrega de Devil May Cry Dante enfrontábase ao seu propio irmán Vergil, pois parece ser que Ninja Theory quere recuperar este fío argumental e no seguinte tráiler observamos a nova cara de Vergil, que como acontece co propio Dante, non se parece en absoluto ao visto anteriormente.
O xogo está previsto para o 15 de xaneiro día no que saberemos quén ten razón, se os que lle dan unha oportunidad a este novo look ou aqueles puristas que castigan este feito.
Polo de agora aínda teñen tempo de mellorar este Devil May Cry aínda máis, a ver se aproveitan o tempo.