Electronic Arts presentou hoxe, 14 de agosto, na GamesCon a que será a terceira parte da saga Army of Two: Devil’s Cartel.
Despois de percorrer todo o mundo no primeiro e as rúas de Shangai no segundo, nesta terceira parte viaxaremos ata México para loitar contra o cártel da droga, onde, como en entregas anteriores, teremos un gran número de explosións e destrucción por todas partes, pero sobre todo destaca o rasgo máis característico da saga: o modo cooperativo, co que sempre teremos ao noso lado un compañeiro que nos axudará a acabar cos inimigos.
Un motivo que xa xerou certa polémica é que neste caso os protagonistas non serán os xa coñecidos Salem e Rios.
Está previsto que saia á venda na primavera de 2013.