Análise de Asura´s Wrath

Por: Martes, 31 de Xullo de 2012

Asura´s Wrath é un deses títulos do que non sabes absolutamente nada até que xogas a el. Digo isto porque se vistes algún tráiler esquecédeo porque esteredes levando unha idea trabucada do que vos ides atopar.

É un xogo curioso, en certa maneira innovador, arriscado pero que non consegue capturar a alma do xogador xa que o seu desenrolo non é o máis axeitado.

HISTORIA

O xogo non lle ofrece demasiada importancia á historia, nin quere nin o pretende, polo tanto atopámonos cun argumento de vinganza de toda a vida. Asura, semideus decide vingarse dos deuses que teñen cautiva a súa filla para empregar o seu poder, así, o noso protagonista irá dando caza a cada un dos deuses que antaño foron compañeiros del, mentor incluido.

Até aquí o apartado do argumento, breve verdade, pero pasemos o que realmente importa, a xogabilidade.

XOGABILIDADE

Este apartado é o piar base de Asura porque o título preséntanos unha metodoloxía de seguimento bastante curiosa, xa que o 90% do xogo pasarémolo mediante a resolución dos famosos QTE (Quick Time Events), é dicir, premendo o botón axeitado no momento oportuno. Isto resta diversión pero engade espectaculariedade, así que vós mesmos debedes escoller se vos gustará o título ou non.

Pero o verdadeiro problema é que estes QTE resólvense case todos da mesma maneira o que quita calquera tipo de sorpresa para o xogador, unha vez que pasemos os dez primeiros minutos (que por certo son bastante desconcertantes) xa saberemos a que botón deberemos prestar máis atención para superar os mencionados QTE.

Así, o 10% restante pasarémola eliminado aos inimigos con sinxelos combos que non ofrecen ningún reto ao xogador, xa que avanzaremos por lineais escenarios prelimitados machacando botóns, literalmente, até a volta dos QTE e así seguir observando as pantallas.

DIVERSIÓN

Se non es seguidor dos Quick Time Events xa te podes esquecer deste título, mais se pola contra gustas desta metodoloxía estás ante un xogo aceptábel, porque esta secuencia de botóns leva a espectaculares batallas (en determinadas ocasións recordaredes a Dragon Ball), saltos imposíbeis, movementos que rompen coas leis da física…é o maior punto a favor dos QTE, que o xogador pode desfrutar dunha espectáculo difícilmente conseguido do método tradicional.

Unha pena a enorme sinxeleza destas secuencias de botóns, unha verdadeira pena, e a dicir verdade, é outro gran punto negro de Asura´s Wrath, a súa extremada facilidade.

Apenas perderedes en todo o xogo, nin nas zonas “machacabotóns” nin nas zonas QTE, que lles custaba amplificar un chisco a dificultade?
Os tempos de carga tamén interrompen o xogo por veces, máis que nada porque o título divídese en capítulos, como se unha serie fose, o que fai que entre capítulo e capítulo os tempos de carga estabilicen incoherentemente o dinamismo do xogo.

Como xa dixen anteriormente o seu gran punto positivo é a visualización das batallas, sempre épicas, enormes e sorprendentes, cun personaxe bastante carismático que non se para ante nada, pero custa empatizar co protagonista sabendo que con premer dous botón derrotaremos a un deus, custa meterse de cheo no xogo.

GRÁFICOS

Personaxes moi ben caracterizados con escenarios baleiros e sen adornos que alegren á vista, compénsano directamente cos poderes, ataques, combates… cada unha das batallas que presenciamos é un espectáculo (xa repetín esta palabra bastantes veces, pero sen dúbida é o que máis chama a atención de Asura).

Ver unha especie de Onda Vital sempre alegra o día a calquera seguidor de Songoku, e neste xogo os poderes non se quedan atrás, pera iso son deuses, ou logo.

Por suposto que os gráficos poderían ser moito mellores, pero non se quedan atrás nun xogo destas características, non será o apartado que critiques, xa vos aseguro.

DURACIÓN

A extrema facilidade do xogo xunto a unha historia que non sorprende déixanos un título dunhas seis horas de duración. Demasiado curto, demasiada sinxeleza, ademáis non temos nin misións secunadarias, nin obxectos ocultos a conseguir, absolutamente nada, remátase a historia e remátase o xogo, e honestamente, non creo que o volvas xogar.

CONCLUSIÓN

Un xogo que se arrisca a empregar case na súa totalidade os amados e odiados QTE para resolver os combates que nos ofrecen, pero non consegue sorprender ao xogador por moi grandes batallas que ofreza.
De todos os xeitos as poucas horas que nos dura non aburren, mais que nada porque é bastante entretido ver como combaten entre eles, mais non existe reto para o xogador, só é un espectador que se limita a premer determinados botóns de cando en cando camuflando un filme interactivo en forma de videoxogo.

PUNTUACIÓN
  • GRÁFICOS:
    9
  • SON:
    8.2
  • XOGABILIDADE:
    7
  • DIVERSIÓN:
    8
  • DURACIÓN:
    6.8

  • FINAL:
    7.8
NOTAS DOS USUARIOS
  • GRÁFICOS:
    8
  • SON:
    8.1
  • XOGABILIDADE:
    5
  • DIVERSIÓN:
    2
  • DURACIÓN:
    3.3

  • FINAL:
    5.3

Un usuario enviou o seu voto.

  • 0
  • 0
  • 0
  • 0
  • 0

  • 0

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario