Dende o pasado 10 de xullo hai un proxecto na web de “crowdfunding” (financiamento en masa) Kickstarter.com (que igual xa coñecedes deste artigo anterior) que pode revolucionar o mundo dos videoxogos. Trátase da videoconsola OUYA (pronunciado normalmente como “UUU-yah”).
Nun principio, o proxecto precisaba de 950.000 dólares, cifra que foi superada rápidamente e xa superou a cifra dos 5 millóns de dólares e iso que aínda restan 15 días para o finalización do período de finaciamento.
E qué ten esta videoconsola de especial?, preguntarédesvos. Entre outras cousas, trátase dunha consola que funcionará sobre un sistema operativo Android 4.0, o que significa que abre un grande abano de posibilidades coa creación de aplicacións por parte da comunidade para poder facer case calquer cousa con ela, non só xogar a videoxogos.
Outra das cousas interesantes é que os videoxogos serán de balde, se ben, certas cousas sí serán de pago e os videoxogos incluirán publicidade, para axudar económicamente aos creadores. Un pequeno prezo a pagar, se temos en conta o que recibimos a cambio.
As especificacións técnicas das consolas serán as seguintes:
- Procesador Nvidia Tegra 3
- 1GB de ram
- 8GB de almacenamento interno
- Conexión HDMI
- WiFi 802.11 b/g/n
- Porto Ethernet
- Bluetooth LE 4.0
- USB 2.0 (cantidade de portos por confirmar)
- Controlador wireless (2 pilas tipo AA) con controis estándar cun panel táctil
- Sistema operativo Android 4.0
O prezo da videoconsola será de 99 dólares (uns 82 Euros, ao cambio actual) e incluirá un controlador.
Se che interesa o proxecto, podes axudar a financialo na páxina do proxecto en Kickstarter.com ata o vindeiro xoves, 9 de agosto. Por unha aportación superior a 99 dólares (máis 20 dólares para os gastos de envío) serás dos primeiros en recibir unha Ouya na túa casa, se todo o proxecto vai ben, en marzo de 2013.
Entusiasmado con este proxecto e de comezar a facer algo realmente atrevido, de todos os xeitos supoño que haberá dúas contras, non sei moito de aspectos técnicos, pero a calidade gráfica (e técnica) dos videoxogos supoño que será moi inferior ás consolas actuais.
E por outro lado espero que non se centren exclusivamente en realizar xogos “medianos”, como acostumo dicir e se atrevan con grandes proxectos pixelados. A xogos medianos refírome a case a totalidade de xogos que sacan para Iphone e similares, que hainos moi bos, pero todos limitados a un par de botóns e un par de accións que aínda que sexan divertidos, o xogador busca sempre ir un paso máis aló.
De todos os xeitos e como dixen ao principio, encantado de que esta consola poida ser unha ralidade e a competencia faga espavilar ás grandes compañías.