Explicativo tráiler de Darksiders 2

Por: Venres, 20 de Xullo de 2012

Se hai un xogo que levo esperando dende que rematei a primeira (e infravalorada) entrega é Darksiders 2, un xogo de aventuras no cal controlaremos a Morte, un dos xinetes da apocalipse e que castigará a todos os seus inimigos.

No seguinte tráiler os seus creadores explícannos as diferenzas con respecto ao seu antecesor, como maior liberdade de movemento, potenciación de armas e maxias, inimigos máis rápidos, personalización do personaxe…

Como vedes ten todo para converterse no GOTY (non me gusta esta palabra) do ano.

Se es dos que xa levan esperando esta segunda entrega desfruta dun novo tráiler que non fará máis que acrecentar as túas ganas, se pola contra non che tiran este tipo de xogos poderías botarlle unha ollada e ver como estás deixando pasar o que promete ser unha xoia de diversión.

Como sempre non botemos o carro antes que os bois e esperemos ao 21 de agosto, día no que chegará ás tendas.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario