Xa facía tempo que non falabamos de filmes sobre videoxogos en Memoria Pixelada e hoxe será o momento para retomar este tema despois de saber a última nova sobre a adaptación de God of War ao cinema.

O primeiro que chama a atención é que a cuarta entrega de God of War remate sendo unha cinta cinematográfica (xa que Ascension será unha precuela) pero como xa é habitual nas pre-producións deste tipo de cintas están facendo unha remodelación do guión.

Quén son os encargados de esta remodelación?, pois Patrick Melton e Marcus Dunstan encargados de gran parte dos filmes de Saw. Persoalmente só a primeira entrega de Saw ten un argumento decentiño, así que nunha primeira instancia non me gusta en que pode rematar este guión.

Como sempre, non me fío en absoluto deste tipo de proxectos. Tempo ao tempo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario