Confirmado Metal Gear Solid 5

Por: Mércores, 20 de Xuño de 2012

O propio Hideo Kojima ofreceu unha entrevista á revista francesa IG Magazine e confirmou o que todos sabiamos, Metal Gear Solid 5 está confirmado.

Ademais informa sobre algúns detalles que terá esta quinta entrega, en poucas palabras, terá máis espionaxe e infiltración, algo que aprecio encarecidamente.

Sobre Metal Gear Solid 5 podo decirvos dúas cousas. Será máis unha cuestión de infiltración, de espionaxe e de convencer aos personaxes de facerte un favor, como o último Metal Gear Solid. Gústanme moito as ideas de interación social de Deus Ex: Human Revolution, pero xa veremos. Se digo máis, a ninja de relacións públicas que está escondida detrás da porta cortarame en anaquiños.

Como amante da infiltración pura e dura gústame que se vaian centrar máis neste aspecto que na acción, aínda que por outro lado a cuarta entrega non foi un título que me encantase demasiado.

A ver con que nos sorprende Kojima.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario