Super Modern Mario Bros

Por: Martes, 12 de Xuño de 2012

De cando en cando aparecen pola rede vídeos de Mario nas versións máis imaxinativas.

O certo é que xa facía tempo que non viamos un destes vídeos de Mario, e con ilusión podemos observar como sería un Mario Moderno, con espectaculares gráficos e ataques propios desta xeración.

Quizais poida que sexa eu, que calquera cousiña de Mario me gusta, pero agora premede o botón de play, gastade un minutiño da vosa vida e comentade a vosa sensación.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario