(Como non existe dobraxe galega e o tráiler en portugués de Portugal aínda non foi lanzado, o vídeo ten a dobraxe brasileira. Se o prefires, podes ver aquí a versión orixinal)
Memoria Pixelada é unha web sobre videoxogos. Até aquí todo correcto. Entón… que facemos a anunciar un filme da Disney? Pois porque Wreck-It Ralph non é un filme calquera.
O argumento xira ao redor de Ralph, o vilán dun xogo de recreativas chamado Fix-It Felix Jr., onde o noso protagonista destrúe edificios e o heroe ten que arranxalos. Mais canso xa de ser o malvado, un día decide demostrar que pode ser bo e fuxe polo cabo de alimentación ás terras do videoxogo Hero Duty. O que o Ralph non imaxina é que o seu acto traerá consecuencias fatais para o mundo dos videoxogos…
Con esta premisa poderemos ver no filme referencias a millares de xogos arquicoñecidos, aparicións estelares dos nosos personaxes favoritos (chega con ver a reunión de viláns do tráiler para saber do que estou a falar) e moitos detalles que sen dúbida han de deleitar os fans do mundo pixelado.
Nos cinemas galegos a estrea será 30 de novembro, en versión dobrada ao castelán. Para aquelas persoas que prefiran baixar a Portugal para velo dobrado en portugués, a estrea alá será 13 de decembro.
Non me enterei e nada. Non atopachelo teailer en castellano?
http://www.youtube.com/watch?v=B-nHbPlZv38
A peli pinta moi ben.