Peter Molyneux, despois de abandonar Microsoft e Lionhead Studios presentou neste aburrido E3 o próximo videoxogo que apadriñará.

Leva o título de Curiosity “cun desenvolvemento do máis atractivo” (as comiñas son para matizar a ironía), no cal veremos un cubo no medio dunha sala baleira o cal teremos que dar golpes entre varios xogadores.

O último que lle dea o golpe poderá saber que hai dentro.

Pero a curiosidade non recae aquí, senón que existirán DLCs nos que poderemos descargar cinceis para romper antes o cubo, dende feitos de ferro (sobre 1€) até outro de diamante (que custará tan só 60.000€).

Aparentemente cinceis de diamante só existirá un, polo que esperemos quén é o que ten “a sorte de adquirilo”.

Que excusa puxo Molyneux ante este feito?, pois dixo que non é un exercicio para gañar diñeiro, senón unha proba sobre a psicoloxía da monetización.

Aplausos Molyneux, moitos aplausos.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario