[Música] Canción de amor Pokémon

Por: Martes, 29 de Maio de 2012


Descarga da música en .mp3: http://www.mediafire.com/?ecsa7q1no7ckk8b

Tradución da letra:

Sei que pode ser un chisco Oddish (estraño)
mais penso que pode Beedrill (ser realmente) xenial
se non fose só por Chansey (casualidade) que te coñecín.
Estou Seaking (á túa procura).

Lanzáchesme un ollar malicioso, despois me Blastoise (detonaches).
O noso amor pode ser supersónico, espero que non fuxas nun voo.
Sé o meu Geodude (rapaz) e eu serei a túa Chikorita (moza).
Debo ter algún poder psíquico, porque te vexo na miña premonición.

Espero non Jynx (dar mala sorte a) isto, mais gostaría de dicir:
“Cáusasme atracción e rexéitasme como un tornado

O meu amor é maior que un Snorlax,
non quero ser Tentacruel (cruel), entón, cariño, podes relaxarte.
Sós Staryu (ti) and Starmie (eu),
o noso amor vai evolucionar.

Eu serei a túa Nidoqueen (raíña) se ti es o meu Nidoking (rei),
ti dásme Butterfrees (ás) e é realmente Haunter (asombroso).
Podes dicir que son Exeggcute (executada), mais eu digo que ti es o Exeggutor (executor).
Es máis raro que Mewtwo e xuro que tes un poder secreto.

Espero non Jynx (dar mala sorte a) isto, mais gostaría de dicir:
“Cáusasme atracción e rexéitasme como un tornado

O meu amor é maior que un Snorlax,
non quero ser Tentacruel (cruel), entón, cariño, podes relaxarte.
Sós Staryu (ti) and Starmie (eu),
o noso amor vai evolucionar.

Espero que non sexa ir demasiado Farfetch’d (lonxe),
mais es moi Bellossom (belo).
Tesme baixo hipnose.
Es tan Tentacool (xenial), e o que realmente quero dicir é:
“Es máis quente que un Cindaquil e podes Smoochum (darme aloumiños) calquera día”

Espero non Jynx (dar mala sorte a) isto, mais gostaría de dicir:
“Cáusasme atracción e rexéitasme como un tornado

O meu amor é maior que un Snorlax,
non quero ser Tentacruel (cruel), entón, cariño, podes relaxarte.
Sós Staryu (ti) and Starmie (eu),
o noso amor vai evolucionar.

Abra, Kadabra, Alakazam.
Escóllote a ti!

Nota: Non vos facedes idea do difícil que foi encontrar o xogo de palabras que hai atrás de cada nome de Pokémon… Tamén resaltei os nomes de ataques, que traducín polos nomes que coñecemos aquí, adaptando nalgúns casos a letra da canción de xeito non literal.

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

Deixar un comentario