Como sería Street Fighter 2 con Portal?

Por: Luns, 21 de Maio de 2012

Unha destas novas mesturas que atopamos na rede grazas aos xeniais The Pixel Kingdom.

Collemos o título que revolucionou as loitas nas recreativas, Street Fighter 2 e ampliamos a variedade de movementos incluindo a arma de Portal.

Para sacarnos unhas risas.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Como sería Street Fighter 2 con Portal?”

  1. Outroeu di:

    Que bo! Aínda a semana pasada rematei o Portal 2 (PC), e certamente a mecánica do xogo está perfectamente capturada (e “sal-pementada”) no vídeo 🙂

Deixar un comentario