Bethesda non quere deixar pasar o éxito rotundo da quinta entrega da súa saga de rol e fantasía épica, e aproveitando a radiante estela de Skyrim darán o salto no próximo ano ao saturado mercado dos multixogador online, no que agardan facerse con parte da súa explotada base de xogadores.
Confirmase así unha nova sobre a que se viña especulando nos últimos días, colectando opinións encontradas entre os fans da que ´e unha das mais iconográficas sagas de rol occidental offline.
Entre o poucos datos confirmados, sabemos que poderemos percorrer o universo The Elder Scrolls nuns sucesos ambientados mil anos antes do visto en Skyrim e que nos enfrontaran de novo aos daedra, concretamente ao príncipe daedra Molag Bal, que terá o habitual proxecto malvado de dominar o mundo.
Ao mesmo tempo chegan novas sobre o propio quinto capitulo da saga TES, que recibira o seu primeiro contido para descarga nun DLC do que moi pouco se sabe aínda, mais aló de que incluirá argumento relacionado cos elfos das neves, a misteriosa raza elfica que aparecía no xogo extinguida ao ter dexenerado baixo terra nos desagradábeis falmer.
Non hai datas de lanzamento, pero sábese que o DLC chegara meses antes que o MMO, que non estará nas tendas ate ben entrado 2013.