Primeiro tráiler de CoD: Black Ops 2

Por: Mércores, 2 de Maio de 2012

Hoxe Treyarch acaba de sacar á luz o primeiro tráiler de Call of Duty: Black Ops 2, e queda confirmado que viaxaremos a un futuro próximo con maquinaria máis avanzada, artiluxios voadores por todos os lados e as explosións típicas da saga.

No tráiler vemos como un avellentado Black Ops conta como toda maquinaria non serve de nada sen eles e observamos como o protagonista pilota os máis diversos trasportes, incluso un cabalo.

Ademáis de todo isto tamén confirmaron a data de lanzamento, 13/11/12.

Botádelle un ollo e comentade as vosas impresións porque hai bastantes cambios con relación ao predecesor.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario