O RPG estrela de Capcom para 2012, (e un dos títulos anunciados mais especiais por tratarse dunha case inédita incursión no rol occidental por parte dunha compañía nipona), esta xa ao alcance dos usuarios europeos para un primeiro contacto mediante unha demo que corresponde a unha fase intermedia de desenrolo do xogo, e que xa se puido ver en diferentes actos da industria durante os últimos meses.

A demo presenta uns gráficos efectivos pero aínda pouco sólidos, quedando por ver ate que punto melloraran na versión definitiva do xogo. Os contidos son un tanto fugaces; apenas un combate contra un grifo e outro contra unha quimera, pero chega para confirmar que se trata dun titulo diferente que apunta alto, cuns combates orixinais e moi dinámicos que nos obrigaran a utilizar a estratexia contra os inimigos mais duros e a trepar por eles na busca de puntos fracos (na liña do visto no mítico “Shadow of the Colossus”).

Inclúe ademais o editor de personaxes ao completo, que permite deseñar ao noso/a protagonista e ao peón que o acompañara durante a súa aventura cunha gama de posibilidades moi ampla. Se decidimos espremer a fondo o editor e nos encariñamos coas personaxes non hai problema; poderemos importalas ao xogo unha vez nos fagamos con el.

Queda por ver a solidez da historia e do mundo aberto no que transcorrera, pero confirmase coma un titulo que todo afeccionado ao RPG debe ter marcado na súa axenda. O lanzamento oficial no noso territorio esta previsto para o 25 de Maio.

Sobre o autor:

@Moucho Branco | Ver as entradas publicadas por Moucho Branco »

«Houbo dous comezos entre os videoxogos e mais eu. O primeiro remóntase a mediados-finais dos 80 e a un Amstrad, un monitor monocromo, e unhas cintas que tardaban o tempo xusto en cargar os xogos para facer a modiño un bocadillo de nocilla. Eran os tempos das quests deseperadas por moedas de 5 pesos co fin de rebentar algún arcade. Logo chegou a NES e a primeira era das consolas, que deixaría momentos gloriosos nos 8 e 16 bits. O segundo comezo foi coa era das tres dimensións e a chegada ás casas dos 32 bits. Foi entón cando comprendín que ao madurar non esquecería os videoxogos, senón que terían o bonito detalle de madurar comigo. E até hoxe seguimos madurando xuntos, (van gañando eles).»

Deixar un comentario