Como sería ‘Game of Thrones’ para PS3

Por: Domingo, 15 de Abril de 2012

Esta imaxe é unha recreación feita polo artista Dynamaito de como podería ser un xogo de loita de Game of Thrones para PS3. Lamentabelmente, non se trata de ningún proxecto que se vaia realizar.

Vía | http://www.geeksaresexy.net/2012/04/14/a-game-of-thrones-fighting-game-for-the-ps3-pic/
Fonte | http://dynamaito.deviantart.com/gallery/#/d4vdsmi

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

Deixar un comentario