Fermoso e marabilloso tráiler de Ni No Kuni

Por: Xoves, 12 de Abril de 2012

A estas alturas xa non sorprende a fermosura deste xogo realizado polos sempre xeniais Level 5, pero a cada pinga de tráiler que nos amosan quedamos paralizados amando este videoxogo polo preciosismo que nos invade.

Un mundo fantástico, uns seres extraordinarios, uns gráficos que nos fan amar…

Só queda esperar.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Fermoso e marabilloso tráiler de Ni No Kuni”

  1. aPeleteiro di:

    Estudo Ghibli, se non teño malas fontes 🙂 Ten unha pintaza!

Deixar un comentario