Primeiro contacto coa PS Vita

Por: Mércores, 14 de Marzo de 2012

Despois dunhas semanas da saída da nova portábel de Sony, a PS Vita chega as miñas mans para facer unha valoración xeral sobre o seu funcionamento, os seus recursos e as súas características xerais para que vos fagades unha idea de como é a nova consola de Sony.

O primeiro que sorprende é o seu tamaño, porque o termo “portábel” queda un pouco contradictorio ante o tamaño da PS Vita, considerablemente máis grande que a PSP antiga. Aínda que por outro lado o seu peso non é equiparábel ao seu tamaño sendo este bastante baixo tendo en conta as súas dimensións.

Como saberedes a PS Vita trae multitude de innovacións en comparación coa PSP, como pantalla táctil dianteira e traseira, cámara dixital e o que todos os usuarios pedimos dende sempre, dous sticks para un mellor control sobre os videoxogos.

Pero o que verdadeiramente nos intresa é o que acontece cando encendemos o noso sistema de PS Vita e aquí é onde aparece a potencia desta portábel.

Unha vez que o noso dedo mantén un par de segundos o botón de encendido vemos un menú moi diferente ao que nos acostumou Sony nesta xeración, así observamos como as seccións están distribuidas pola pantalla en iconos circulares, como xestor de contido, PS Network, axustes, etc.

Para seleccionar o noso icono empregamos a pantalla táctil tendo unha sensibilidade espectacular, similar aos trebellos de Apple polo que vos podedes facer unha pequena idea da calidade. Deste xeito vánsenos abrindo ventás que poderemos minimizar ou cerrar cun simple toque, sendo esta unha forma de control moi intuitiva e sinxela apto para calquera.

A nitidez que se apreza nestes iconos está a un nivel moi alto, pero non seremos conscientes do que é capaz de mover a PS Vita até que insertamos o primeiro videoxogo dentro, aínda que isto resaltareino nos futuros análises de xogos desta consola.

E falando dos videoxogos tamén cambia o seu formato e as tarxetas substiruiron aos UMDs, que non resultaron ter moito éxito polo que parece nas contas de Sony.

Como é normal teremos total diberdade para acceder a internet e descargar Demos gratuitamente, observar vídeos e tráilers, mercar videoxogos directamente…unha ampla variedade de opcións online que xa podiamos realizar coa PS3.

Para rematar este pequeno contacto falarei sobre a distribución dos botóns na consola. Os dous esticks están situados dunha forma moi cómoda e lonxe de ser botóns que se desprazan (como acontece coa PSP) atopámonos con mini-sticks moito máis similares ás consolas maiores o que fai que o control sexa un gustazo. O tamaño do resto dos botóns foi diminuido para deixar máis espazo á enorme pantalla da consola.

Engadiuse un botón PSN que nos servirá para ir ao menú cando queiramos sen necesidade de cerrar o programa que estemos usando, seguindo exemplo da PS3. Os laterais da consola non conteñen absolutamente ningún botón o que non incomoda nada cando agarramos a PS Vita.

Na parte superior temos as ranuras para introducir as tarxetas dos videoxogos e conexións xunto os botóns de apagado e volume, todo cun tacto de moita calidade.

E até aquí foi a miña valoración desta consola. Nun futuro próximo colgarei os primeiros análises dos seus xogos o que demostran realmente a potencia gráfica de PS Vita.

Se tedes algunha dúbida e cuestión sobre esta máquina non dubidedes en preguntar.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario