Anuncio oficial do Forza Horizon

Por: Luns, 12 de Marzo de 2012

Turn 10 ven de anunciar o que será o seguinte episodio da franquía Forza: Forza Horizon. Anunciado oficialmente a pasada semana durante o Microsoft’s Xbox Showcase, Forza Horizon estará dispoñible o vindeiro outono para a Xbox 360.

Turn 10 está a colaborar con Playground Games para crear o Forza Horizon. Playground Games é unha empresa independente do Reino Unido creada en 2009. Foi fundada polo líder responsable de franquías líderes como TOCA, Colin McRae Rally, GRID e DiRT. Durante os últimos dous anos o estudio reforzou o seu equipo con expertos programadores de Bizarre Creations, Black Rock Studios, Slightly Mad Studios, Criterion Games, Rockstar North e Ubisoft Reflections, entre outros. Hoxe, máis de 100 persoas traballan na súa sede en Royal Leamington Spa, exclusivamente en Forza Horizon.

Durante os vindeiros meses irá aparecendo nova información e características do videoxogo. Mentres agardades, aquí tedes o trailer de lanzamento:

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario