Microsoft ten prevista a saída da nova consola (coñecida por agora como: Xbox 720) ten prevista a súa saída para 2013 e segundo se vai achegando a data de saída, as informacións vanse filtrando pouco a pouco.

Segundo informa MCV, a vindeira consola de Microsoft podería abandonar o uso dos discos ópticos.

Dende a empresa de Redmond, poderían estar a pensar en substituír estes discos por un sistema na nube ou o uso de tarxetas e cartuchos. A principal razón desta decisión sería o aforro de custos, para poder así seguir na eterna loita da industria dos videoxogos. Pola contra, esta sería unha mala nova para as tendas de videoxogos, xa que se ao final se deciden polo sistema na nube, estas tendas perderían unha parte importante do seu mercado.

Un sistema similar xa o podemos desfrutar actualmente na Xbox 360 cos “Xogos baixo demanda”, co que podes mercar e baixar ao disco duro da túa consola o xogo completo. A principal desvantaxe do sistema actual é que os prezos non son moi competitivos, xa que mentres que nas tendas, co paso do tempo, os prezos van baixando que ata podes atopar xogos por uns 5 €, no sistema de descarga, os prezos non baixan, salvo días excepcionáis que os poñen de oferta.

Segundo un comunicado de Microsoft: “Sempre estamos a pensar no seguinte para a nosa plataforma y como seguir desafiando o seu ciclo de vida. Por outra banda, non comentamos nada sobre rumores ou especulacións.”

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

5 Comentarios a “A vindeira Xbox podería non empregar discos ópticos.”

  1. Skaltum di:

    Non me parecería unha estratexia demasiado adecuada, sobre todo para o consumidor, porque por moito que as redes cheguen a moitos sitios, aínda existen moitos lugares onde internet non chega ou chega de forma moi feble o que imposibilita calquera relación con estas estratexias de eliminar o formato físico.

    Ou volvemos recaer no problema de sempre, vou gastar 70 euros por algo que non teño e que mo poden quitar por caidas de sistemas ou problemas similares?

    Non sei, persoalmente non apoio estas ansias por eliminar o formato físico.

    • Totalmente de acordo.

      Eu (como moitos de vós, imaxino) comparto os xogos cos meus amigos e viceversa, aforrando así unha gran cantidade de euros. Por non falar do que comento no artigo: a baixada de prezos nas tendas, cousa que non pasa nos que hai agora mesmo para descargar, que seguen a un prezo excesivo, na miña opinión. Por poñer un exemplo disto: o FallOut: New Vegas, está dispoñible por 49,99 € para descarga online, mentres que eu atopeino o outro día nunha tenda por 4,95 €… viva a diferenza!!!!

      Agardemos que ó final todo quede só nun rumor e sexa só unha alternativa ós soportes físicos, tal como está agora.

      Un saúdo. 😉 😉

  2. Pois eu sempre pensei que os cartuchos eran unha solución máis cara que os DVD’s ou BlueRays, e que tenhen menos capacidade, e que a principal razón do seu uso era evitar a pirataría. Sen saber moito do tema a lógica faime pensar que se van decidir por unha cousa online desas para tér todo controlado e todo quisque có manubrio de jogar nunha mán e os números da conta do banco na outra a facer ghasto.

    • quería corrigir unha cousa. Onde dixen que os cartuchos “tenhen menos capacidade” ca os dispositivos ópticos non sei o que falaba porque a minha cabeza inda está nos anos noventa. Non sei cual tamanho ou velocidade terían os cartuchos ou hardware a empregar agora.

  3. Skaltum di:

    O certo é que eu teño a esperanza de que continúen co formato físico bastante tempo máis, xa que sería un paso moi arriscado para a compañía e máis, como xa dixen, tendo en conta que internet é moi caro en infinidade de localidades.

    Ademáis, pensemos no que lle aconteceu á PS Go de Sony por poñer só os videoxogos en plataformas online. As perdas foron enormes porque apenas se vendeu, de feito aos poucos meses sacárona do mercado.

    Como dixen, esperemos que sigan sacando os xogos en formato físico.

Deixar un comentario