Despois dunha campaña publicitaria de enorme intensidade que acadou grande eco nos medios especializados, Bioware e Electronic Arts fixeron público hoxe, a catro días do lanzamento americano, o tráiler de lanzamento de Mass Effect 3.
Seguindo a tónica dos tráiler que o precederon, os creadores deixan caer nel pingas de información e fugaces aparicións de personaxes recoñecíbeis polos fans da saga. Nesta ocasión especial o fluxo informativo é maior, permitíndonos ver por vez primeira (aínda que de xeito fugaz), momentos tan agardados coma o encontro co consello ou a reaparición do home ilusorio.
O lanzamento europeo está dende hai tempo anunciado para o vindeiro venres día 9, aínda que podería ser efectivo na maior parte dos establecementos no día anterior, coincidindo co lanzamento australiano.