Versión extendida do tráiler de Mass Effect 3

Por: Martes, 21 de Febreiro de 2012

O certo é que aínda non probei a Demo de Mass Effect 3, pero estou tan convencido que este fin da triloxía vai estar á altura da saga que prefiro desfrutar directamente do título final.

Pero Bioware sabe como manter a nosa atención firme nesta terceira entrega de Mass Effect e preséntanos a versión extendida do tráiler emitido fai uns días.

Sobra dicir que é un espectáculo visual.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Versión extendida do tráiler de Mass Effect 3”

  1. Moucho Branco di:

    Xoguei a demo con tódalas clases no primeiro día e non teño dúbidas de que será confirmado que esta é A SAGA da xeración.

Deixar un comentario