Queres ver os Tomb Raider en galego? Colabora!

Por: Sábado, 18 de Febreiro de 2012

Grazas a un aviso no foro dos nosos amigos Os Arquivos da Meiga soubemos que uns seareiros da saga están a planear traducir os xogos do Tomb Raider a varios idiomas. Agora mesmo están a traballar nas traducións ao galego, catalán e castelán, mais o seu obxectivo é facelo tamén en euskara e asturiano (mesmo están abertos a facelo en aragonés ou occitano).

Se che presta e queres colaborar na tradución ao galego (ou a algunha das outras linguas) estase a xestionar no foro trsaga.com. Pasa por alí e comenta o teu interese. Tende en conta que canta máis xente participe máis viábel será o proxecto e así poderemos gozar desta saga na nosa lingua. A ligazón do proxecto é a que poño a seguir:

http://www.trsaga.com/trsg_foro/index.php?topic=635.0

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

1 Comentario a “Queres ver os Tomb Raider en galego? Colabora!”

  1. An di:

    Pois non che é mala idea non. Apertas

Deixar un comentario