Descansando,descansando,descansando...

O terror apoderouse de todos aqueles que esperamos este videoxogo cando Fumito Ueda dixo que abandonaba Sony deixando The Last Guardian sen rematar.

Para calmar a marabunta que creou este feito Sony saíu á palestra para dicir que Fumito Ueda non traballaba en Sony pero seguía vinculado á creación do mencionado videoxogo, implicándose no seu desenvolvemento.

Pero este xogo non consegue saír dos rumores sobre un posíbel cancelamento, polo que un dos seus responsábeis dixo isto nunhas declaracións:

O proxecto vai progresando, pero moi lentamente, xa que plasmar a visión de Fumito Ueda nun videoxogo está sendo un verdadeiro reto para os desenvolvedores. Deste xeito tiramos e refacemos cousas, de aquí que nos tomemos tanto tempo, pero segue sendo un proxecto moi importante.

The Last Guardian, un título tan esperado e ao mesmo tempo con tantos rumores de cancelamentos que sufríu ao longo da súa creación, e agora que sabemos?, pois que parece que o proxecto continúe con vida, pero nada de datas de saída polo de momento.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario