O tráiler do Zelda que nunca veredes

Por: Luns, 30 de Xaneiro de 2012

Se vos menciono a Joel Furtado supoño que non o coñeceredes, normal, pero como deseñador e animador realizou un vídeo que se che gustan os videoxogos debedes ver.

O tráiler sería dun hipotético The Legend of Zelda: The Lost Oracle e cun apartado gráfico e sonoro que non desmerece aos que realiza a propia Nintendo.

Un excelente traballo, sen dúbida.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario