O Marcos Castro, quen xa coñecemos polas cancións de ‘Um joystick, um violão‘, vén agora con esta nova serie ‘A lenda do herói‘. Acompaña as aventuras deste heroe nun mundo en dúas dimensións cheo de saltos de 5 metros, bólas de fogo que non queiman ao portador mais matan inimigos e máis violacións das leis da física.
A lenda do herói – Fase 1
Luns, 23 de Xaneiro de 2012
Fai uns días que vin o vídeo e dende logo paréceme unha xenialidade que non che saca o sorriso durante todo o vídeo parodiando elementos que tan famosos fixeron a títulos 8 bits.
Recomendábel para todo o mundo.