Moito gameplay de Max Payne 3

Por: Mércores, 18 de Xaneiro de 2012

Os de Rockstar teñen a habilidade de facear uns publireportaxes que enganchan a calquera e vaia se o conseguen. Tamén é certo que para facer un bo reportaxe, este ten que estar respaldado por un bo xogo, e no caso de Max Payne penso que cumpre este requisito.

Neste caso amósannos as súas armas, as súas formas de disparar, de moverse e todo cun apartado técnico que impresiona dende o primeiro instante.

Que non me credes?, pois mirade, mirade…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario