Tráiler de Devil May Cry Collection HD

Por: Martes, 20 de Decembro de 2011

En relación coas tantas remasterizacións de xogos antigos que se están a sacar á venta agora tócalle a unha das mellores sagas de acción do mundo, o Devil May Cry.

Deste xeito volveremos ver a Dante (o de verdade, e non o que veremos na última entrega) en HD repartindo lume entre tantos seres de ultratumba.

O mellor falo de forma esaxerada, pero viñéronme tantos recordos cando vin este tráiler que non sei como describilos. As loitas frenéticas, o nivel de dificultade típica, a chulería sá do protagonista, etc, etc.

A data de saída en Xapón será o 22 de marzo, mentres que aquí aínda non sabemos o día exacto, pero si que sabemos que sairá tanto para PS3 como para Xbox 360, algo que debería alegrar aos usuarios da consola de Microsoft.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario