Novo gameplay de DMC, Dante “escapa”

Por: Venres, 9 de Decembro de 2011

Moito lle queda a Ninja Theory por demostrar a súa valía ante este panorama. Pero o certo é que Enslave gustoume o suficiente para darlle unha oportunidade, aínda que como dixen anteriormente, por que comezan a experimentar coa saga Devil May Cry?

Seino, son un purista desta saga, quedei encandilado coa primeira parte, coa chulería do protagonista, coa dificultade, coa diversión, co plantexamento, con todo… e despois dunhas dignas continuacións (si, a segunda entrega paréceme moi digna) non sei se quero ver este cambio de DMC.

Agora xa é demasiado tarde para queixarme e o tren está avanzando cara min, nas mans de Ninja Theory está que consega saír da vía ou que o tren me pille con todo o peso.

A propósito, déixovos o novo vídeo deste título no que Dante escapa dunha pequena zona. Supoño que será para gustos.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario