O próximo sábado procederase a entregar unha serie de premios aos mellores xogos do ano (hai que ben, hai que mal…bah, a min non me interesa o feito dos premios), o que realmente me interesa e o que acompañará a esta celebración, é dicir, as novidades que se presentarán, entre as que se atopan novos xogos.

No referente aos premios que dicir, nunca vai chover ao gusto de todos, polo tanto supoño que haberá algo de polémica, pero o verdadeiramente interesante é o vídeo que amoso a continuación, onde o bo de Cliffy B. (principal responsábel de Epic Games) anuncia que presentará un gran anuncio e unha nova experiencia.

Toda a prensa deu por sentado que presentará un novo videoxogo, e se non é así, que pode ser?

Cada un que faga as súas apostas, pero eu apostaría por un novo xogo por descarga, unha segunda entrega de Shadow Complex ou algo moi similar.

A vós que vos parece?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Epic Games podería presentar un novo videoxogo nos VGA”

  1. Moucho Branco di:

    Aínda que non é Epic a que me ten mais expectante, non me dan chegado os premios VGA, 🙂

Deixar un comentario