Assassins Creed: Revelations

Por: Xoves, 1 de Decembro de 2011

Cando se fala da saga Assassins Creed sempre hai opinións enfrontadas, estamos aqueles que desfrutamos más da calidade narrativa destes xogos, obviando os seus moitos defectos na xogabilidade (a tediosa repetitividade),e están aqueles ós que estes defectos non lle deixan desfrutar da historia, a pesar de que recoñecen que está ben fiada. Con esta nova entrega da saga a controversia entre fans (Entre os que me inclúo) e  detratores remata, non porque arranxe os problemas das anteriores e sexa un gran xogo, senon que xusto por tódolo contrario, é un xogo que ata a un acérrimo defensor das andanzas de Edmond Miles como mín deixa bastante frío.

Aquí, xogaremos cun Ezio Auditore que xa leva uns anos as costas, e que se dirixe a Masiaf na procura dos segredos de Altair (para quen non o lembre o asasino do primeiro xogo) e coma non repetindo a fórmula habitual tópase cos enemigos templarios. A maioría do xogo transcorre na turca de cidade de Instambul (ou Constantinopla depende a quen lle preguntes), que como sempre está recreada dun modo maxistral, aínda que a propia estrutura da cidade propicia unha das facetas máis enervantes do xogo: Os trasbordos dunha beira a outra do Estreito do Bósforo, que hai que realizar continuamente e que enlentecen o xogo ata levar a desesperación.

Aviso, no xogo non hai Kebabs

Outro dos principais problemas, é o que sempre foi o cravo no atáude de tódolos Assassins Creed é a xogabilidade. Xa sabemos que a saga tira moito de misións repetitivas, pero na anterior entrega avanzouse un pouco hacia unha maior variedade, que nesta non existe, é practicamente a mesma que no Brotherhood, coa excepción de tres novidades das que vou aquí a falar. Por un lado están as bombas e o gancho, ambas tremendamente útiles, sobre todo este último, xa que permiten que a escalada fágase máis rápido e permite acceder a máis zonas además de servir para facer tirolina e así desprazárse con maior axilidade. As bombas da unha maior variedade para distraer a gardas e realizar asasinatos másivos a distancia e fuxidas rápidas, pero a cambio a súa ebolaración  é monótona, e os ingredientes para facelas tan sinxelos de atopar que non cosntituen ningún reto. A última “mellora” na xogabilidade é un minixogo estilo Tower Defense, no que tes que defender a túa base dun ataque templario, un minixogo bastante absurdo, innecesario e levado a cabo máis ben que mal.

No apartado gráfico nótase unha lixeira melloría, sobre todo nas expresións faciais, grazas a unha pequena renovación do motor gráfico. Aínda que esta melloría non é tan notable para que sexa realmente un adianto espectacular, si que engade algo máis de realismo, especialmente nas esceas cinemáticas. Iso si, hai que destacar a pobreza visual da cidade de Istanbul, mentras nas anteriores entregas atopabamosnos, non só con cidades recreadas con fidelidade, porén tamén con unha ambientación e unha variedade que facían pasear por elas unha experiencia; nesta, agás os barrios xitanos e nalgunha zona máis (O gran Bazar e Hagia Sofía), a maioría das zonas carecen de vistas espectaculares e non so máis  ca un entramado de rúas e corredoiros

Un xogo típico de Flash, agora por 60 Euros

E é na historia onde nos atopámos co maior problema do xogo, xa que os mencionados antes non só se non problemas que se dan noutros títulos da saga e nalgúns de maneira más elevada, se cabe. Pero a historia carece neste xogo de personalidade, mentres có noso protagonista, Ezio, segue a ser o señor carismático e un pouco trasno que sempre foi, só que con máis experiencia, o resto de personaxes teñen unha presencia mínima e só se limitan a facer de recadeiros. A isto engádeselle a ausencia duns antagonistas tan claros e potentes coma eran os Borxia, e unha trama que ata o final non desvela nada que pareza de importancia para a historia global que queren contarnos, nin tampoco parece tener un gran interese na vida do protagonista.

Por último quedaría falar das historias contadas en diferentes  tempos históricos, a da actualidade é os cortos farrapos extra da vida de Altair. Estos últimos son unha adición interesante, e non deixan de ser unha lembranza para a nostalxia do primeiro título. Mentres que na parte adicada a Desmond Miles presentásenos por fin o misterioso suxeito 16 (aínda que na miña opinión para o que dí , falla non facía) e ponsenos uns escenarios psicódelicos e cuadrículados estilo carreira e puzzle, tremendamente sinxelos e carentes de interese e mediante os cales recordaremos momentos do pasado de Miles o completalos, de novo innecesarios xa que non contan nada que non souberamos xa ou que non se nos puidera contar cun par de líneas de diálogo.

Vou matar a Moe, uiii

En resume, Assassins Creed: Revelations é un xogo que porén ser relativamente entretido se che gusta a saga en xeral, perde moito en comparación co seu antecesor, e que carece case de ningún interese para aqueles os que os Assassins Creed lle son indiferentes.

P.D:Quedaría aquí falar do Online, pero teño por costume non xógalo na maioría dos xogos (nunca me entusiasmou a idea a verdade)

Sobre o autor:

@Agrella | Ver as entradas publicadas por Agrella »

«A miña historia cos videoxogos comezou o día en que meu pai me ensinou a usar a SNES da casa, despois caeu nas miñas mans unha Game Boy e dende entón os videoxogos e Nintendo pasaron a formar parte da miña infancia. Xa de maior afeccioneime aos xogos de PC e dende entón dedícome a matar inocentes sims, mandar exércitos á destrución, disparar a alieníxenas e escorrentar orcos.»

1 Comentario a “Assassins Creed: Revelations”

  1. Skaltum di:

    Teño que dicir que eu atópome entre os xogadores que non consegue xogar máis de dúas horas seguidas polo enorme aburrimento que me provoca, tanto pola xogabilidade (que despois de catro entregas xa deberían ir pensando en mellorala) como pola reiteración de misións (variando algún detalliño, pero que non sorprende en absoluto ao xogador).

    Tiven a oportunidade de xogar unhas horas a esta última entrega, e honestamente, máis do mesmo, é dicir, máis aburrimento para o meu ser. O gancho pretende aumentar a variedade, pero até onde xoguei só se limita a un desprazamento máis rápido (que por outro lado se agradece), Tampouco os minixogos de estratexia me gustaron moito.

    Como ben dis, están os fans desta saga e os que non nos entra nin a patadas, pero cando con esta última entrega até os fans máis acérrimos falan dunha diminución clara na calidade… non sei Ubisoft, non será momento de cambiar o chip que tedes na cabeza?

Deixar un comentario