Aínda que o principal responsábel de Bioshock, Kevin Levine, non estaba moi convencido de realizar unha película sobre o mencionado xogo (quizáis son unhas palabras máis que sabias), uns fans desta saga acaban de facer un pequeno tráiler sobre un suposto filme de Bioshock.
E como acontece nestas cousas, o resultado é moi apto, tanto que picoume o verme sobre como sería a película enteira.
Imaxinemos que o proxecto saíse adiante?, imaxinemos que acada o resultado que todos os que xogamos a Bioshock nos gustaría ver?… será moito imaxinar, mais non lle quito mérito a este motivador tráiler da hipotética película deste videoxogo.
Pánico danme a min o das adaptacións dos xogos a un formato tan diferente coma o cine… pero en fin, sempre pensei que a única aportación meritoria desta saga era a ambientación. Todo sería ver o que se fai con ela.