Ao tempo que chegan a nós a diario novos detalles sobre Mass Effect 3 e o inminente MMO “The Old Republic”, a numerosa comunidade de fans de Bioware fai ferver os faladoiros da rede polas especulacións ante o pouco que se puido ver do novo proxecto, que será o primeiro dos novos estudos da compañía.

Aínda que son apenas un par de segundos perdidos nun tráiler publicitario, neles podemos distinguir unha colisión de vehículos nun entorno que non parece moi distante ao dos shooters que actualmente arrasan no mercado. Outras fontes sinalan a posibilidade da ambientación nun inminente futuro post-apocalíptico, pero aínda que nada se sabe de certo sobre o xénero e ambientación do xogo, ninguén parece dubidar que os breves segundos que puidemos ver confirman unha estética atípica no que viña sendo o canon da compañía que popularizou un particular e persoal formato no rol contemporáneo.

Agora todo apunta á data do 10 de decembro, cando a gala dos VGAs que será emitida en Spike Tv deixe ver o tráiler completo.

Anuncio do novo xogo de Bioware.

Sobre o autor:

@Moucho Branco | Ver as entradas publicadas por Moucho Branco »

«Houbo dous comezos entre os videoxogos e mais eu. O primeiro remóntase a mediados-finais dos 80 e a un Amstrad, un monitor monocromo, e unhas cintas que tardaban o tempo xusto en cargar os xogos para facer a modiño un bocadillo de nocilla. Eran os tempos das quests deseperadas por moedas de 5 pesos co fin de rebentar algún arcade. Logo chegou a NES e a primeira era das consolas, que deixaría momentos gloriosos nos 8 e 16 bits. O segundo comezo foi coa era das tres dimensións e a chegada ás casas dos 32 bits. Foi entón cando comprendín que ao madurar non esquecería os videoxogos, senón que terían o bonito detalle de madurar comigo. E até hoxe seguimos madurando xuntos, (van gañando eles).»

2 Comentarios a “Inquedanza ante un posíbel cambio de rumbo en Bioware”

  1. Skaltum di:

    Si , todo apunta que o próximo proxecto de Bioware vanse alonxar das súas temáticas, pero sendo algo positivo, a traxectoria de Bioware fai que lle dea unha oportunidade cun título dos que eles non están acostumados.

    Espero que non defrauden, crucemos os dedos…e todos

  2. Moucho Branco di:

    Tratándose dun novo estudo da compañía a idea dun cambio pode saír reforzada… coma fan dos seus traballos anteriores teño as miñas reservas… veremos.

Deixar un comentario