Así é: a coñecida como «Lei Cincenta» aprobada no país asiático pretende evitar a adición ós videoxogos nos menores de 16 anos. Con esta medida, pretenden evitar que os rapaces e adolescentes se pasen as noites conectados xogando.

Pola súa parte, tanto Sony, como Microsoft, tomarán as medidas oportunas para bloquear o acceso á súa rede «PlayStation Network» e «Xbox Live», respectivamente, entre a medianoite e as 6 da mañá, pero evidentemente non poderán evitar que sigan xogando sen conexión.

Pese a todo, esta lei está a recibir moitas críticas por parte de asociacións de pais que opinan que é tarefa dos pais decidir cando poden ou non xogar os seus fillos, non do Goberno. Tamén critican que do mesmo xeito que non se regulan outros entretementos como a televisión, non debería impedirse que xogasen aos videoxogos.

Persoalmente, paréceme unha medida sen sentido, pois que xoguen pola noite, non significa que un esté enganchado. Máis ben deberían regular o número de horas que pasan coa consola.

E a vós que vos parece este tipo de medidas?

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

3 Comentarios a “«Toque de queda» para os videoxogos en Corea do Sur”

  1. Skaltum di:

    Paréceme unha medida radical e sen nigún tipo de lóxica nin fundamento que respalde esta decisión.
    Volvemos de novo coa adición aos videoxogos. Non digo que non exista unha minoría que verdadeiramente esté enganchada,mais honestamente,penso que un país ten problemas moito maiores, e máis cando as medidas que toman non teñen sentido aparente.

  2. os_castros di:

    É desmesurado. Aínda que haxa moita xente que se pase xogando o único que fan así é que se pasen aínda máis nas horas que poden xogar, ou incluso crearlles máis ansiedade. O que deberían facer é concienciar á xente, pero xa sabemos que non só en Corea do Norte son radicais, na do sur fan animaladas como traballar 12 horas ao día ou coller vacacións cada 5 anos POR VONTADE PROPIA… habíamos ser nós!!!!!

  3. A ver que a adicción os videoxogos online en Corea é algo problemático é certo, pero de ahí a poñer medidas inútiles como esa (porque o importante non é xogar de día ou de noite digo eu). Co fácil que sería gastarse catro duros para falar os rapaces dun uso responsable…se onde non hai cabeza non hai

Deixar un comentario