Vaia estratexia que está a seguir Ubisoft, tan peculiar como que a menos de unha semana da súa próxima entrega, Assassin´s Creed: Revelations, anuncian unha nova entrega para o vindeiro ano 2012.

Non comprendo a idea que ten Ubisoft levando a cabo esta estratexia, mais creo que sería mellor que se centrasen nesta entrega e que esperasen un pouco para anunciar o seguinte,máis que nada para non quitarlle protagonismo a Revelations, aínda que mirando dende outra perspectiva, a saga Assassin´s Creed xa ten demasiada fama e seguidores como para permitirse estas cousas.

E honestamente, xa o dixen máis dunha vez, esta saga paréceme bastante sobrevalorada e como non cambien a extremada lentitude do seu plantexamento, seguirei deixándoa a un lado, e moito me temo que ese título que xa preparan para o próximo ano será máis do mesmo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Outro “Assassin´s Creed” para 2012, a historia de nunca acabar”

  1. Pois éche unha estratexia ben común nesta industria dos videoxogos: os de Activisión veñen de anunciar un novo Call of Duty para novembro do ano que ven, cando aínda onte saíu a última entrega. E non me dirás que este xogo non é “máis do mesmo”??

    Outro exemplo? As sagas futbolísticas, que cambian catro detalliños gráficos, actualizan as plantillas e pouco máis.

    En fin, parece que as empresas desta industria o único que queren é que pasemos relixiosamente cada ano polo aro…

    Un saúdo. 😉 😉

  2. Skaltum di:

    Certo é, o único que pretenden é afianzarse un público cada vez con menos criterio, decaendo así a ilusión dos propios xogos que nos acompañan.

    Sexamos honestos, cada vez fan menos ilusión os títulos, é dicir, que pretenden sorprendernos sacando un xogo de Assassin´s Creed, Call of Duty, etc, ano tras ano, absolutamente nada, e máis cando a propia experiencia nos dí que pouca cousa vai cambiar, porén se se tomasen o seu tempo, aínda que deixasen pasar anos, quizáis poderían ter un xogo máis completo, que sorprenda máis, etc.

    O mesmo pasou coa saga Final Fantasy, recordo cando cada vez que anunciaban un FF todos estaban á expectativa,mais agora que van xa pola non sei cantas entregas xa non resulta tan espectacular a súa espera, e paréceme a min que está pasando o mesmo con GTA, porque xa me diredes porque tanto revolto por ese tráiler, se non amosa nada.

    En fin, a culpa debe ser dos consumidores que non eseximos o suficiente.

Deixar un comentario