A explicación de por que Dante está así de cambiado

Por: Mércores, 2 de Novembro de 2011

Cando vimos aquel primeiro tráiler de DMC (o próximo Devil May Cry) a cara de sorpresa foi unánime para todos os xogadores.

Nin cinco minutos pasaron para que a polémica estivese servida, uns reinvindicando a volta do Dante de toda a vida (neste grupo é onde me atopo eu) e outra parte apoiando a esta innovación.

De todos os xeitos, Ninja Theory, os seus creadores quixeron dar explicación a este cambio de apariencia, e a resposta foi unha das máis trilladas e empregadas dende fai anos, que este novo Dante non será o que manexamos nos primeiros videoxogos, senón que estamos nunha realidade paralela…tócate os collóns.

Paréceme absurda esta explicación, absurda e doada para lavarse as mans ante unha decisión que non sei até que punto foi acertada.

Só faltaría que nos dixeran que todo este xogo sería un soño do Dante de verdade, só faltaría isto…

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=yh69XfxN3XU

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario