Volvemos ver un novo tráiler da esperada segunda entrega de The Darkness, e se xa o anterior tráiler que nos mostraran era bastante violento, o que vos presento eleva isto á súa máxima expresión.

Todos aqueles que pasan a vida a criticar a violencia nos videoxogos están de parabéns, porque The Darkness 2 será como un carameliño para eles e dubido que o deixen fuxir.

A min polo de momento tanto me ten, gústame un protagonista que está apoiado por unhas serpes infernais, e con que sexa tan divertido que o anterior (sempre que falo deste xogo digo esta frase), estou máis que conforme.

Vede o tráiler e comentade a vosa impresión.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Aqueles que sempre critican a violencia nos videoxogos verán en «The Darkness 2» un manxar”

  1. Que critiquen, que critiquen, que o único que conseguen con iso é darlle máis publicidade….

    Opino igual ca ti: con que siga a mesma liña que o primeiro, xa me vale.

    Un saúdo. 😉 😉

Deixar un comentario