O 11 de novembro foi o día elexido para que a quinta entrega de The Elder Scrolls chegara ás consolas de sobremesa e mais a PC, pois ben, a todos os que pensedes xogalo nun PC vaivos vir moi ben os datos que vos amoso a continuación, porque son os requisitos mínimos e recomendados para desfrutar desta aventura de rol.

Non fai falla dicir que os requisitos mínimos son precisamente iso, os mínimos, polo que se queredes desfrutar da experiencia plena deberedes ter un ordenador algo máis potente.

Requisitos mínimos

Sistema Operativo: Windows XP/7/Vista (32 o 64 bits)
Procesador Dual Core 2Ghz
2GB de memoria RAM
Tarxeta gráfica con DirectX9c e 512MB de RAM

Requisitos recomendados

Sistema Operativo: Windows XP/7
Procesador Quad-Core Intel/AMD
4GB de memoria RAM
6GB de espazo en disco duro
Tarxeta de son compatíbel con DirectX
Tarxeta gráfica con DirectX9c con 1GB de memoria. GTX 260/RAdeon 4890 ou superior

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario