Mario Kart 7 contará cun volante oficial

Por: Martes, 25 de Outubro de 2011

Uhhhh,vaia notición verdade?, por suposto, eu se non fose polo que me río con estas novas non as plasmaría na páxina, pero o certo é que me fan bastante graza.

O mencionado volante ven da man da compañía Hodi e custará uns 12 euros ao cambio.

O certo é que aínda non está confirmado que este periférico chegue a occidente, pero vendo a enorme repercusión desta saga non me extrañaría absolutamente nada. Como vedes na imaxe, o periférico non deixa de ser un anaco de plástico onde se introduce a consola, moi parecido a…claro ao volante que trae o Mario Kart Wii, e onde teño eu ese volante?, pois o certo é que non o sei moi ben, quizáis debaixo do sofá?, dentro da caixa da Wii?, no caseto do can?… quen o sabe.

E agora diríxome a Nintendo:

Por que sacades estas trangalladas que non supoñen nada para o propio videoxogo, é máis, aínda lle restan diversión, porque alguén controla o Mario Kart co volante?, repito, alguén de máis de 10 anos controla o Mario Kart Wii co volante?, dubídoo moito.

Pero bueno, outro trebello inútil que chamará a atención dos máis pequenos, o que suporá un aumento das ventas por parte da xente que nin sequera desfrutará do videoxogo, só máis millóns…ahhh, mira ti que listos os de Nintendo…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario