Que Uncharted 3 é un proxecto grande (en todos os sentidos) non cabe a menor dúbida, pero tanto é así que terá un total de dúas horas (119 minutos concretamente) só de cinemáticas e tendo en conta que hai filmes que non chegan á hora e media de duración non está nada mal.
Así mesmo a British Board of Film Classification calificou a Uncharted 3: A Traición de Drake para maiores de 15 anos o que significa que terá vocabulario violento, sangue, insultos e referenzas sexuais (neste último pasa o de sempre, como saia a palabra teta ou cu xa se botan as mans á cabeza e catalógano como “sexualidade explícita).
Tedes unha PS3?, pois xa sabedes que o día 3 de novembro tedes un deses xogos que todos deberían probar.