Deux ex: Human Revolution

Por: Xoves, 13 de Outubro de 2011

Estamos no ano 2027, na sociedade as diferenzas entre ricos e pobres cada vez están máis acentuadas e unha controversia sobre a implementación de melloras nanotecnolóxicas sacude a sociedade. Neste escenario introdúcenos Deus ex: Human Revolutions, a terceira entrega da saga Deus ex e dende logo consigue captar o espírito deste mundo ciberpunk que nos presenta.

No videoxogo encarnamos a Adam Jensen, un axente de seguridade dunha empresa de nanotecnoloxía, que tras tentar defender a empresa dun roubo e ser ferido de gravidade, é salvado contra a súa vontade gracias a os implantes cibernéticos. Na procura dos seus agresores veráse envolto nunha conspiración a escala global que supera todo o que él imaxinaba.

Existe algo máis "cool" que gafas de sol activadas por implantes?

Para que non coñeza a historia do xogo, Deus ex: Human Revolution é o terceiro dos Deus Ex, e unha precuela do primeiro, e polo tanto faise imposible falar del sen falar un chisco deste. O primeiro Deus ex, foi un xogo que revolución a industria do videoxogo para pc, facendo por primeira vez un xogo que non só tomaba elementos de distintos xéneros (RPG, Shooter e incluso algo de Sandbox e aventura gráfica),  senón que o facía nunha historia adulta e cun modo de xogar que permitía que cada xogador elixíse o seu propio camiño durante o seu recorrido polo xogo.

Human Revolution conserva parte destas características, pero hai que recoñecer que algo máis descafeinadas. Si, a mestura de xéneros segue estando presente, pero ese sentimento que tiñas o xogoar o primeiro Deus Ex de que hai millóns e millóns de maneiras de completa-lo xogo, Human Revolution non mo conseguiu transmitir. Para nada significa isto que Human Revolution non sexa un gran videoxogo pola súa propia conta, xa que ten moi bos puntos ó seu favor. Por un lado é un Shooter que se aparta da línea tradicional dos Shooters, de disparo e mato, e opta por premiar o síxilo; e digo premialo porque outro gran logro dos desenvolvedores do xogo, e que non che poñen na obriga de tomar un camiño ou outro, podes tanto ser sixiloso como tentar chegar e encher, pero se optas por isto último recibirás menos puntos de experiencia (e xa comentarei dentro de pouco porque estos puntos se agradecerán) e ademáis tera´s que enfrontarte a retos que so se es un gran xogador serás capaz de lograr tras moito esforzo e algo de sorte.

O outro gran punto a favor de Deux Ex: Human Revolution é que  implementa o compoñente RPG dunha maneira maxistral, que ademáis tamén axuda a variar a xogabilidade. Durante o recorrido do xogo irás gañando puntos de experiencia, que te permitirán subir níveles, o cal che da acceso a melloras dos teus implantes cibernéticos, dende unhas que te permiten hackear ordenadores coma un profesional, outras que axudan a pasar sen ser visto nin ouvido, a ter máis labia ou a acabar con 10 inimigos dun golpe. Estas melloras son claves para as misións o permitirte realizalas dunha maneira ou outra. Quen dí que para pasar por un lugar hai que acabar cos enemigos de fornte, tamén podes atacalos por detrás un a un, ou hackear un robot e unahs torretas para darlles algo da súa propia menciña.

Os primeiros planos de Marineda City

E dirédes, entón se hai tanta variedade  para realizar misións de centos de maneiras , por que dis que non se ten a sensación de total liberdade que se tiña ó xogar o primeiro Deus Ex?. Pois ben por dous grandes motivos que nubran a diversión do xogo, as batallas cos xefes finais e o lineal dos escenarios. Cos escenarios o gran problema e que mostran moitísimo máuis do que che permiten explorar, e tendo a tecnoloxía que se ten hoxe en día paréceme facer cidades tan lineais e deixar tanto coa mel nos labios o xogador, se me estás ensinando en Shangai unha cúpula xigantesca, na parte superior da cidade, permite polo menos acercarme a ela ou vela dende outro ángulo, porque se decides non facelo o que es, é un quentateclados. Pero isto é un detalle case sen importancia se temos en conta o gran problema das batallas cos xefes, que son tremendamente lineais e tópicas, e que nun xogo que está continuamente animandote a pensar fóra da caixa e que pretende ser unha experiencia adulta é realista son completamente ilóxicas e inadmisibles.

Lembrade ben esta cara, porque odiaredes a batalla contra ela

No apartado técnico o xogo é unha marabilla, cuns gráficos que acentúan e axúdanlle a dar realismo ós personaxes e ós lugares deste futuro distópico non tan lonxano e que están ahí para recalca-la experiencia e non o revés, como sucede tanto hoxe nalgúns superventas (aínda que se ven un pouco “plastificados” nas cutscenes).

Así que xa sabedes, se queredes xogar a un shooter distinto,e vivir a historia de Adam Jensen no 2027 Human Revolution é unha boa opción, pero se queredes algo realmente rompedor ide a xogar ó primeiro Deus Ex, que a día de hoxe xa é historia viva dos videoxogos.

Sobre o autor:

@Agrella | Ver as entradas publicadas por Agrella »

«A miña historia cos videoxogos comezou o día en que meu pai me ensinou a usar a SNES da casa, despois caeu nas miñas mans unha Game Boy e dende entón os videoxogos e Nintendo pasaron a formar parte da miña infancia. Xa de maior afeccioneime aos xogos de PC e dende entón dedícome a matar inocentes sims, mandar exércitos á destrución, disparar a alieníxenas e escorrentar orcos.»

1 Comentario a “Deux ex: Human Revolution”

  1. Skaltum di:

    A min houbo un punto de Deus Ex Human Revolution que me fascinou, e é a súa dificultade. Esquecédevos de pasar o xogo como quen come un caramelo, non, deberedes estar moi atentos porque como che disparen un par de veces xa estás morto, así que asegurádevos que non vos observa ninguén antes de entrar nun lugar inseguro.

    Pero non acaba aquí esta dificultade (é axustada, non pensedes que é improsíbel), e como exemplo poño unhas das primeiras misións que hai que baixar catro plantas dun edificio sen ser detectado, e unha vez que chegas e realizas a misión…pois tes que volver a subir as catro plantas sen ser detectado de novo, e a min gustoume.

    O que xa non me gustou tanto é a intelixencia dos inimigos, porque pasa a miúdo que te ven, a vanzas un pouco e entras nun cuarto a cinco pasos deles, e xa parece que desapareceu a ameaza, porque xa non che fan caso….mal neste aspecto.

    A fin de contas aínda non o rematei de todo, mais estame deixando un excelente sabor de boca. Moi aconsellábel.

Deixar un comentario